En este momento estás viendo Acollida temperá curso 26/27

Acollida temperá curso 26/27

A día de hoxe, aínda hai prazas para o Servizo de acollida temperá no CEIP A Ponte. O horario para deixar @s nen@s neste servizo será de 7:30 a 8:30 (para os que vaian almorzar) e ata ás 8:40 para o resto, comenzando o mércores 9 de setembro, primeiro día do curso escolar. O alumnado deberá ser acompañado ata a entrada do servizo por unha persoa adulta.

As solicitudes do servizo deben dirixirse á Fapa Ourense (Federación Provincial de ANPAs Públicas), tanto para solicitar o servizo para todo o curso como para a opción de esporádicos. A continuación deixamos enlaces aos documentos importantes para formalizar o proceso de matrícula no servizo:

INFORMACIÓN IMPORTANTE PARA MATRICULACIÓN

COTAS USUARIOS ACOLLIDA

DOCUMENTO PARA MATRICULA SERVIZO ACOLLIDA

Contacto FAPA OURENSE: https://fapaourense.es/contactar/ | 988 241 351