En este momento estás viendo Festa de Samaín 2023

Festa de Samaín 2023

O VENRES 27 DE OUTUBRO celebraremos o SAMAÍN no colexio, e para elo desde a ANPA do CEIP A Ponte convidamos aos socios/as a unha Festa «terrorífica» e chea de troula.

HORARIO DA FESTA: de 16:30 a 20:00h.

ENTRADA pola porta do Patio de Infantil (Parque Xesús Pousa).

INSCRICIÓN OBRIGATORIA para poder asistir á FESTA de SAMAÍN, podedes facelo neste formulario (pincha no enlace).

PRAZO DE INSCRICIÓN: desde o venres 20 de outubro ata o mércores 25 (ata ás 23:59).

ACTIVIDADES PREVISTAS NA FESTA DE SAMAÍN:

Túnel do medo (Adaptado para as diferentes idades)

Obradoiro de cabazas (IMPORTANTE: hai que traela da casa)

Pintacaras de samaín

INCHABLES

Merenda + auga (Alerxias e intolerancias, marcadeo no formulario de inscrición)

Troula musical


NORMAS DE PARTICIPACIÓN NA FESTA DE SAMAÍN

Esta actividade é gratuita para todos/as os/as socios/as da ANPA do CEIP A Ponte (necesario estar ao corrente de pago da cuota para o curso 2023/2024 antes do comezo da festa).

A hora de ENTRADA NA FESTA será escalonada. Pola porta do Patio de Infantil (Parque Xesús Pousa):

  • 16:30 h a 16:45h : 3°; 4º; 5º e 6º de Educación Primaria 
  • 16:45 h a 17:00h: Educación Infantil e 1º e 2º de Educación Primaria

Deben de vir ACOMPAÑADOS/AS os/as nenos/as de Educación Infantil e nenos/as con necesidades especiais, da súa nai/pai ou titor legal. Máximo unha persoa por neno/a. Poden estar varios nenos/as acompañados dun único adulto.

A hora de SAÍDA DA FESTA será escalonada. Pola porta do Patio de Infantil (Parque Xesús Pousa):

  • Educación Infantil sairá cando o determine a persoa responsable a cargo e será sempre antes das 19:45 h.
  • 19:30: 1º e 2º de Educación Primaria
  • 19:45: 3°; 4º; 5º e 6º de Educación Primaria

SAÍDA ANTICIPADA DA FESTA: soamente permitida en horario de 18:15 a 18:30. Nin antes nin despois se poderá recoller a ningún/ha nena/o.

A merenda constará dun bocadillo, botella de auga e biscoito. Para alerxias e intolerancias, encontraredes unha opción no formulario de inscrición para facelo constar. Buscaremos un menú adaptado ás necesidades concretas.


ESTÁ PROHIBIDA A ENTRADA DE: máscaras que tapen a cara, teléfonos móviles, e calquer complemento que poida causar algún dano, tales como: espadas, paos, cadeas,…

**Os nenos/as de 6º de Primaria poderán abandoar a festa de maneira individual, nas horas establecidas para elo (19:45 a 20:00), aportando autorización da nai/pai ou titor legal.

¿TEDES ALGUNHA DÚBIDA? Podedes contactar connosco vía mail: directiva@aponteanpa.gal