A ANPA do Ceip A Ponte, neste curso 2023/2024, desenvolverá un proxecto coas familias e o alumnado do centro, para traballar sobre os temas que máis lles preocupan, e recibir formación sobre como poder abordalos e coeducar aos seus fillos e fillas. Estas actividades terán lugar durante o mes de novembro, durante varias xornadas, con diferentes enfoques segundo as idades dos nen@s.
Este ano o proxecto crece para realizar máis actividades a través das que profundar en conceptos clave que son os piares dunha sociedade máis igualitaria. Para iso desenvolveremos obradoiros co alumnado e coas familias así como un acto final de sensibilización polo 25N Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres.
Atoparedes iinformación máis detallada na sección de IGUALDADE da nosa web.
