Visita das Pitas de Eiroás

Hoxe luns 29 de xaneiro comenzamos as actividades Entroideiras deste curso, coa visita das Pitas de Eiroás, unha máscara tradicional do Entroido do barrio de Eiroás, na nosa cidade.

Acompañáronnos un par de pitas e unha «presentadora», que expricaron aos alumnos/as as peculiaridades do seu Entroido, do seu traxe e da súa máscara.

Trouxeron con eles unhas olas, que serán decoradas nas aulas polo nenos/as e logo tomarán protagonismo no Domingo Oleiro, o 4 de febreiro. O xogo das olas terá lugar ás 17:00h na Praza de Eiroás, e fomos convidados/as a devolverlles a visita.

Agradecer á Asociación Cultural Amigos da Pita por achegar o seu Entroido ao noso colexio, e tamén aos mestres/as do centro pola colaboración nesta actividade.