Desfile de comparsas de Frei Canedo

O luns de Entroido, unha numerosa representación de familias da Anpa do CEIP A Ponte participaron no desfile do Entroido de Frei Canedo, coa comparsa «Xogos de mesa», aproveitando os disfraces que fixeron os/as nenos/as no colexio.

Levaron a ledicia e a troula polas rúas do barrio, guiados por Tito, o noso guía entroideiro. E pasados uns días, comunicáronnos desde a organización de que o noso grupo acadou o Primeiro Premio do concurso de comparsas. ¡Qué boa noticia!

¡¡Viva o Entroido!!