1 de xullo de 2025
PRIMEIRA QUENDA DO IGUALCAMPA
Do 23 ao 30 de xuño tivo lugar a primeira quenda do Igualcampa no CEIP A Ponte, unha actividade promovida pola ANPA e financiada pola Dirección Xeral de promoción da Igualdade da Xunta de Galicia, en desenvolvemento do Plan Corresponsables.
Unha das accións realizadas foi este Noticieiro «Novas da Ponte», onde desenvolveron a temática da igualdade en posibles feitos da vida cotidián.
9 de xuño de 2025
CAMPAMENTO XUÑO E SETEMBRO
A ANPA DO CEIP A PONTE pon en funcionamento o proxecto IGUALCAMPA, unha iniciativa para favorecer a conciliación das familias á finalización do curso académico e antes do inicio do seguinte, á vez que as nenas e nenos edúcanse en valores como a autonomía, a solidariedade, a boa convivencia e a sostibilidade.

DESTINATARIAS/OS
Nenas e nenos nacidos entre os anos 2013 ao 2021.
OBXECTIVOS
1. Facilitar a conciliación da vida persoal, familiar e laboral dos pais, nais e/ou titores/as legais
2. favorecer o desenvolvemento persoal e social das persoas participantes.
3. Fomentar o respecto, o compañeirismo e a cooperación.
4. Promover a cultura do botrato, equidade, respecto á diversidade, participación democrática, cooperación e non violencia.
5. Fortalecer o autoconcepto e autoestima do alumnado e a posibilidade de que poidan medrar libres de mandatos opresivos de xénero.
6. Reflexionar sobre as desigualdades de xénero
7. Prever condutas violentas por razón de xénero, sexualidade ou outras formas de opresión.
8. Estimular a expresión e regulación emocional, a comunicación e a negociación como estratexias para a resolución positiva de conflitos.
9. Desenvolver hábitos de responsabilidade de respecto e coidado cara ao medio.
ACTIVIDADES
-ASEMBLEAS DAS EMOCIÓNS
-MULTIXOGOS REUNIDOS POLA IGUALDADE
-DOCUMENTAL TEATRAL
-O TELEXORNAL IGUALITARIO
DURACIÓN
1º QUENDA: do 23 ao 30 de xuño de 2025 (ambos incluídos), cun horario de 09:00h a 14:00h de luns a venres
2º QUENDA: do 01 ao 05 de setembro de 2025 (ambos incluídos),cun horario de 09:00h a 14:00h de luns a venres
3° QUENDA: do 08 ao 30 de setembro de 2025 (ambos incluídos),cun horario de 16:00h a 18:00h de luns a venres
PRAZO DE INSCRICIÓN
A data límite para a semana de xuño, é o xoves 19/06/25 ás 23:59h
A data límite para a semana de setembro, é o xoves 28/08/25 ás 23:59h
PREZO DA ACTIVIDADE
A ANPA ao abeiro da Orde do 20 de decembro de 2024 (DOG nº 30 do 13 de febreiro de 2025) solicitou unha subvención á Consellaría de Política Social e Igualdade para a realización do proxecto IGUALCAMPA 25 no CEIP A PONTE.Na resolución da subvención acordouse conceder a axuda ao proxecto polo que non haberá custe e o servizo será de balde para as familias.

¿CÓMO PODO INSCRIBIRME? De manera sinxela, neste FORMULARIO:
https://forms.gle/iSeF1nVzxuxjmRoF7
PRELACIÓN DE SOLICITUDES
No casode existir máis solicitudes que prazas ofertadas, a prelación realizarase en virtude dos criterios establecidos na Orde do 20 de decembro de 2024 (DOG nº 30 do 13 de febreiro de 2025) que regula a subvención. Nese caso, as persoas que non obtiveron praza recibirán un correo de directiva@aponteanpa.gal antes do comezo de cada quenda.
PRESTACIÓN DO SERVIZO
A ANPA é a encargada da xestión do proxecto e a empresa prestadora do servizo será YUKA ANIMACIÓN.
PODE CONSULTAR O PROXECTO COMPLETO EN: https://aponteanpa.gal/download/proxecto-igualcampa/
19 de setembro de 2024
SERVIZO de CONCILIACIÓN para a REUNIÓN XERAL do 24/09/24 no CEIP A Ponte
O martes día 24/09/24 ás 16:00h, toda a comunidade educativa foi convocada a unha reunión xeral por parte da Dirección do centro .
Dende ANPA poñemos en funcionamento un servizo de conciliación para aqueles as/os NENAS/OS que non teñan con quen quedar mentras as persoas adultas podan asistir ás reunións.
A data límite para inscribirse é o 24/09/24 ás 10:00h.
Unha vez que se cubran todas as prazas non haberá posibilidade de inscribirse.
Unha vez remata a reunión rematará o servizo de monitoraxe polo que deberá recoller ao seu nena/o
** Actuación financiada pola Dirección Xeral de Promoción da Igualdade en desenvolvemento do Plan Corresponsables (SI436C).
Formulario de inscripción:
https://forms.gle/SxPkjVkNkZPAEcU27
11 de xuño de 2024
CAMPAMENTO XUÑO E SETEMBRO

De cara a facilitar a conciliación da vida persoal, familiar e laboral dos pais, nais e/ou titores/as legais dos/as nenos/as do CEIP A Ponte, desde a ANPA organizamos un campamento lúdico, que terá lugar nas instalacións do colexio nas seguintes quendas:
- Do 24 ao 28 de xuño, de 9 a 14 horas.
- Do 2 ao 6 de setembro, de 9 a 14 horas.
OBXECTIVOS DA ACTIVIDADE:
– Facilitar a conciliación familiar.
– Educar en valores a través da cooperación e diversión.
– Favorecer o desenvolvemento persoal e social das persoas participantes.
– Fomentar o respecto, o compañeirismo.
– Descubrir formas diferentes de divertirse.
– Favorecer as relacións das persoas.
– Desenvolver hábitos de responsabilidade.
As ACTIVIDADES a realizar son as seguintes:
- Actividades lúdico-deportivas: pre-deporte, xogos tradicionais, xogos cooperativos, baile.
- Animación á lectura, teatro e contacontos.
- Manualidades: debuxo, pintura, origami, reciclaxe, barro.
- Xogos coeducativos e cooperativos, elaboración de murais, asembleas.
¿QUEN PODE INSCRIBIRSE? Nenos e nenas do colexio CEIP A Ponte, nacidos entre os anos 2012 ao 2020.
PRAZAS OFERTADAS: O número de prazas ofertadas é de 180 nenas/os.
¿CAL É O PRAZO DE INSCRICIÓN?
- A data límite para a semana de xuño é mércores 19/06/24 ás 23:59h.
- A data límite para a semana de setembro é o venres 23/08/24 ás 23:59h.
- No caso de non realizarse o pagamento perderase o dereito a participar.
ORDE DE INSCRICIÓN DAS SOLICITUDES: para dar cumprimento as bases da subvención, o criterio de selección das persoas participantes será o establecido na convocatoria no seu artigo 28.3.
Tendo preferencia o nivel de renda máis baixo e as con maior cargas familiares e teráncarácter prioritario á atención de familias monoparentais, vítimas de violencia de xénero e doutras formas de violencia contra a muller, mulleres en situación de desemprego de longa duración, mulleres maiores de 45 anos ou a unidades familiares nas cales existan outras cargas relacionadas cos coidados.
¿CÓMO PODO INSCRIBIRME? De manera sinxela, neste FORMULARIO:
https://forms.gle/QiwMvWGprroCWRQC9
PRESTACIÓN DO SERVIZO: A ANPA é a encargada da xestión do proxecto e a empresa prestadora do servizo será YUKA ANIMACIÓN.
Para calquer dúbida ou consulta, podedes enviar un mail a: directiva@aponteanpa.gal
Podedes consultar o PROXECTO da actividade AQUÍ (preme no enlace).
