O xoves 11 de setembro do 2025, ás 16:00 horas en primeira convocatoria e 16:30h en segunda, celebrouse a Asemblea Ordinaria da ANPA, convocada de acordo co disposto nos seus estatutos.
No trascurso da Asemblea, produciuse o cesamento de 7 persoas integrantes da Xunta Directiva, e posteriormente:
A Asemblea Xeral adoptou polo 100% dos votos a favor dos asistentes (56 votos), de conformidade co establecido nos estatutos da asociación, o acordo de elixir como titulares da actual Xunta Directiva as persoas que a continuación se sinalan:
PRESIDENTA/E: Sofía Martins
VICEPRESIDENTA/E: Mario Dos Reis Paula
SECRETARIA/O: Felicia Silvia Rodriguez Stoop
TESOUREIRA/O: Rubén Amorin Diaz
VOGAL: Marcos Alvarez Sousa
VOGAL: Ana Belén Sordo Sousa
VOGAL: Marcos Alvarez Vieira
Podedes consultar aquí a ACTA DA ASEMBLEA ORDINARIA.