En este momento estás viendo Servizo comedor esporádicos 25/26

Servizo comedor esporádicos 25/26

COMEZO DO SERVIZO o mércores 1 de outubro.

DATA LÍMITE PARA A SOLICITUDE-INSCRICIÓN DOS SERVIZOS: 𝟏0 𝐝𝐞 𝐨𝐮𝐭𝐮𝐛𝐫𝐨 2025.

Co fin de seguir mellorando as posibilidades de 𝐜𝐨𝐧𝐜𝐢𝐥𝐢𝐚𝐜𝐢ó𝐧 𝐟𝐚𝐦𝐢𝐥𝐢𝐚𝐫 e despois das xestións coa empresa prestadora do 𝐬𝐞𝐫𝐯𝐢𝐳𝐨 𝐝𝐞 𝐂𝐨𝐦𝐞𝐝𝐨𝐫, desde a ANPA podemos anunciar que se habilita, un curso máis, este servizo para persoas que o precisen de forma esporádica.

Este Servizo é exclusivo para 𝐬𝐨𝐜𝐢𝐚𝐬/𝐨𝐬 𝐝𝐚 𝐀𝐍𝐏𝐀.
Coste do servizo: 4,5 €/día

IMPORTANTE: as PRAZAS DISPONIBLES para este servizo SON LIMITADAS. No caso que haxa máis solicitudes que prazas disponibles, realizarase unha baremación, tengo preferencia os fixos discontínuos sobre o resto.

Cada día haberá unhas prazas disponibles, que se cubrirán por orden de petición (cada día). É moi pouco probable que se ocupen todas as prazas disponibles, pero é unha posibildade que pode suceder. Por elo, non se pode garantir ao 100% a praza, dependerá do número de solicitudes de cada día.

** En canto aos fixos discontinuos, se se producen dúas ausencias ao comedor sen xustificación, perderán a súa prioridade na disponibilidade de prazas.


PASO 1: DARSE DE ALTA cubrindo o seguinte 𝐟𝐨𝐫𝐦𝐮𝐥𝐚𝐫𝐢𝐨 online:
Formulario comedor esporádicos

PASO 2: CUBRIR FICHA 𝐒𝐄𝐏𝐀 (domiciliación bancaria) cos datos bancarios e entregala no BUZÓN, na entrada do colexio (antes de usalo servizo) ou enviala por mail a: contacto@aponteanpa.gal (asinada). A empresa «SALA GRANDÍN» cargará a final de mes o importe da suma total de días que se usou o servizo.
Enlace de DESCARGA: https://aponteanpa.gal/download/orde-sepa-comedor/

PASO 3: hai 𝐝ú𝐚𝐬 𝐦𝐨𝐝𝐚𝐥𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞𝐬 (opcións no formulario)
A) FIXOS DISCONTÍNUOS: para os que precisan o servizo un ou varios días concretos á semana. Só deberán comunicar a súa NON asistencia chamando ao TLF do colexio 988 783 092, antes das 9:30h do propio día. No caso de non comunicar a NON asistencia en tempo e forma, o día cobrarase como asistencia.

B) DÍAS SOLTOS: para aquelas persoas que non saben que días van precisar do servizo. Para acudir ao comedor, deben chamar ao colexio antes das 09:30h do propio día. Tlf: 988 783 092.


QUENDAS DE COMEDOR

Primeira quenda: 4º Educación Infantil a 2º Educación Primaria

Segunda quenda: 3º Educación Primaria a 6º Educación Primaria

HORARIOS DE SAÍDA DE COMEDOR

Primeira quenda: 15:00

Segunda quenda: 15:30

** Para facilitar a conciliación familiar, pódese solicitar a saída ás 16:00h ou que pasen directamente a extraescolares (Hai opción para elo no formulario).

RECOLLIDA DOS NENOS/AS

A recollida das/os nenas/os SOAMENTE será realizada polas súas nais / pais / titor/a legal ou as persoas autorizadas expresamente no formulario de inscrición ao servizo.

No caso de que a recollida realícese por unha persoa allea ás indicadas, deberá informarse por TLF ao colexio: 988 783 092, antes das 9:30h do propio día.