En este momento estás viendo Anpafest 2026

Anpafest 2026

PROGRAMA DO ANPAFEST 2026

INCHABLES CON AUGA

INCHABLES NORMAIS

FESTA DA ESCUMA

XOGOS TRADICIONAIS

OBRADOIROS DE GLOBLOFLEXIA E PINTACARAS

MERENDA

DISCO MÓBIL


HORARIOS DO ANPAFEST 2026

ENTRADA: pola porta do patio de Infantil (Parque Xesús Pousa)

  16:30 h a 16:45h : 3°; 4º; 5º e 6º de Educación Primaria 

  16:45 h a 17:00h: Educación Infantil e 1º e 2º de Educación Primaria

SAÍDA: pola porta do patio de Infantil (Parque Xesús Pousa)

   ** Educación Infantil sairá cando o determine a persoa responsable a cargo e sempre ANTES DAS 20:00h.

   20:00: 1º e 2º de Educación Primaria

   20:15: 3°; 4º; 5º e 6º de Educación Primaria

* Só está permitida a SAÍDA ANTICIPADA en horario de 18:30 a 18:45, avisando desta circunstancia antes do comezo da festa. Nin antes nin despois se poderá recoller a ningún/ha nena/o.


É OBRIGATORIO:

Ao haber xogos con auga  é obrigatorio que as nenas/os veñan cunha mochila cunha muda, unhas chanclas e unha toalla. Recomendable que a mochila leve o nome do alumno/a, e metan nela toda a roupa.

ENTRADA PROHIBIDA DE:

– Alumnado de Educación Infantil e NEAE sen adulto responsable que a/o acompañe. (Alumnos de EI e NEAE deberán estar acompañados dun adulto responsable).

– Teléfonos móbiles.

– Calquera elemento impropio para a celebración desta festa.


INSCRICIÓNS NO ANPAFEST 2026

Farase a inscrición neste sinxelo FORMULARIO: https://forms.gle/qBHTKiCaWoLe6fS46

Imprescindible 𝐑𝐄𝐒𝐄𝐑𝐕𝐀 𝐝𝐞 𝐩𝐫𝐚𝐳𝐚.

Só se poderán inscribir PERSOAS SOCIAS DO ANPA (ao corrente de pagamento) ata o martes 16/06/26 ás 15:00 h.

A súa inscrición estará formalizada cando reciba no email un correo coas respostas facilitadas. NON SE ADMITIRÁN INSCRICIÓNS FORA DE PRAZO.


Toda/o nena/o debe ter un comportamento correcto e respecto cara ás demais persoas que nesta festa participan, así como coas instalacións do centro, podendo ser expulsado do ANPAFEST por un reiterado mal comportamento.

DÚBIDAS E CONSULTAS, vía mail: contacto@aponteanpa.gal