En este momento estás viendo Festa dos maios

Festa dos maios

O domingo 1 de maio tivo lugar a Festa dos maios na cidade de Ourense, participando nesta xornada festiva cun maio tradicional na categoría de «Maio infantil», elaborado polos nenos/as que acudiron ao  obradoiro organizado pola Anpa. 

Durante toda a mañán os nenos/as estiveron disfrutando do gran ambiente da festa dos maios e cantando as coplas para o público. Tamén o fixeron para o Xurado desta edición, que tomou boa conta do bo facer dos cativos/as.

 

A Ponte Vella, ben presente no noso maio

Xa pola tarde, na Praza Maior, tivo lugar a entrega de Premios do Xurado. Na categoría de «coplas infantís», a nosa cantada estivo entre os finalistas, aínda que non logrou premio.

Pero a ledicia chegou un pouco máis tarde. Na categoría de «maio infantil», o maio da Anpa do Ceip A Ponte logrou o Primerio premio. Os cativos/as subiron ao escenario e recibiron o premio das mans do alcalde e tamén un gran aplauso de todo o público asistente. 

E os éxitos dos nenos/as de A Ponte non rematan aquí. No concurso organizado polo diario «La Región», as coplas da Anpa Ceip a Ponte resultaron gañadoras na categoría «Coplas infantís».