Información inicio de curso 2022/23

Comeza un novo curso e imos con algunha información básica de interese ao respecto:

SITUACIÓN ACTUAL: en relación ás entradas/saídas ao centro, servizo de comedor, acollida temperá, actividades extraescolares e actividades habituais do centro, vólvese á normativa pre-Covid.

ACOLLIDA TEMPERÁ: o horario deste servizo será de 7:30 a 9:00. De igual maneira, haberá que facer uso do timbre situado na entrada principal do centro, e esperar a que o neno/a sexa recollido/a polos responsables do servizo.
**Actualmente o servizo está COMPLETO.

COMEDOR: haberá dúas quendas no comedor. A recollida dos nenos/as será entre as 15:30 e as 16:00.
Os/as nenos/as que teñan actividades extraescolares, previa SOLICITUDE, xa pasarán directamente a elas, ás 16:00.

SOCIAS/SOCIOS ANPA: a comezos do curso, abrirase un periodo de tempo para a realización de ALTAS, RENOVACIÓN OU BAIXA de socias/os da ANPA.
Poremos á vosa disposición un 𝐟𝐨𝐫𝐦𝐮𝐥𝐚𝐫𝐢𝐨 𝐨𝐧𝐥𝐢𝐧𝐞 para ese proceso. A condición de socia/o para o presente curso deberá estar confirmada polo correspondente ingreso da cuota de socio/a.

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES: as actividades comenzarán o luns 𝟑 𝐝𝐞 𝐨𝐮𝐭𝐮𝐛𝐫𝐨.
Desenvolveranse de luns a xoves, horario de 16 a 17h e de 17h a 18h. Venres o horario é soamente de 16 a 17h.
A mediados de setembro, publicarase a 𝐨𝐟𝐞𝐫𝐭𝐚 𝐝𝐞 𝐚𝐜𝐭𝐢𝐯𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞𝐬 para o curso 2022/23, e abrirase un periodo de inscrición ás mesmas.

Estas actividades son para as/os socioas/os da ANPA do CEIP A PONTE. O desenvolvemento da actividade estará supeditado a un 𝐧ú𝐦𝐞𝐫𝐨 𝐦í𝐧𝐢𝐦𝐨 de inscricións.
O número máximo de prazas para cada actvidade determinarase por estricto orden de inscrición.

SERVIZO MUDA LIMPA:  recibidas as solicitudes, estamos actualmente estudando a xestión e custo do servizo.

———-AVISO———-
Ata que se abra o periodo de inscrición para os SOCIAS/OS deste curso 2022/23

NON FAGADES NINGÚN INGRESO NA CONTA BANCARIA DA ANPA.