Alégranos saudarvos e darvos unha agarimosa benvida ao novo curso escolar 2022/2023. Este curso volve ser moi especial, coa volta á tan desexada normalidade.
As/os nenas/os ensináronnos o curso pasado que todo é posible e que eles poden lograr o que se propoñan. Todas/os nós, con responsabilidade, teremos que poñer o noso gran de area e axudalas/os neste novo curso, para que todo saia o mellor posible.

Desde a ANPA do Ceip A Ponte estamos á vosa disposición para axudarvos no que precisedes. Nestes primeiros días abriremos o prazo para a alta e renovación de socios/as, e un pouco máis adiante xa teremos lista a oferta de actividades extraescolares.
Desexámoslles a todas/os as/os nenas/os un curso cargado de aventuras, amizades, proxectos, … e moitas aprendizaxes!!