Festa de Samaín

O VENRES 28 DE OUTUBRO celebraremos o SAMAÍN no colexio, e para elo desde a ANPA do CEIP A Ponte convidamos aos socios/as a unha Festa «terrorífica» e chea de troula.

HORARIO DA FESTA: de 17:00 a 20:00h.

ENTRADA pola porta do Patio de Infantil (Parque Xesús Pousa).

INSCRICIÓN OBRIGATORIA para poder asistir á FESTA de SAMAÍN, podedes facelo neste formulario (pincha no enlace).

PRAZO DE INSCRICIÓN: desde o xoves 20 de outubro ata o mércores 26 (ata ás 23:59).

ACTIVIDADES PREVISTAS NA FESTA DE SAMAÍN:

Túnel do medo

Obradoiro de cabazas (IMPORTANTE: hai que traela da casa)

Pintacaras de samaín

Tatoos terroríficos

Merenda + auga (Alerxias e intolerancias, marcadeo no formulario de inscrición)

Troula musical

NORMAS DE PARTICIPACIÓN NA FESTA DE SAMAÍN

A hora de SAÍDA DA FESTA será escalonada. Pola porta do Patio de Infantil (Parque Xesús Pousa):

  • 19:30 Educación Infantil
  • 19.45: 1º, 2º E 3º de Educación Primaria
  • 20:00: 4º5º 6º de Educación Primaria

Deben de vir ACOMPAÑADOS/AS os/as nenos/as de 4º Infantil e nenos/as con necesidades especiais, da súa nai/pai ou titor legal.

Esta actividade é gratuita para todos/as os/as socios/as da ANPA do CEIP A Ponte (necesario estar ao corrente de pago da cuota para o curso 2022/2023).

A merenda constará dun bocadillo, botella de auga e biscoito. Para alerxias e intolerancias, encontraredes unha opción no formulario de inscrición para facelo constar. Buscaremos un menú adaptado ás necesidades concretas.

ESTÁ PROHIBIDA A ENTRADA DE: máscaras que tapen a cara, teléfonos móviles, e calquer complemento que poida causar algún dano, tales como: espadas, paos, cadeas,…

**Os nenos/as de 6º de Primaria poderán abandoar a festa de maneira individual, nas horas establecidas para elo (19:30 a 20:00), aportando autorización da nai/pai ou titor legal.

¿TEDES ALGUNHA DÚBIDA? Podedes contactar connosco vía mail: directiva@aponteanpa.gal