Día de Rosalía no Ceip A Ponte

Para celebrar o Día de Rosalía de Castro no colexio, contamos con Lele e Tegra de Trécola Teatro, que fixeron un percorrido polas aulas cun pequeno espectáculo, adaptado aos diferentes ciclos.

A historia xirou en torno á figura de Rosalía pequeniña, unha nena valente e loitadora que desexaba cumprir os seus sonos, como todas e todos as/os nenas/os. Amenizada musicalmente cunha fermosa canción de Uxía: www.youtube.com/watch?v=DviI2zrdtJ0

Unha actividade promovida pola ANPA do Ceip A Ponte, para darlle a coñercer as/os nenas/os a figura de Rosalía de Castro, e o que representa para a cultura e lingua galegas.