
Desde a ANPA CEIP A PONTE queremos un ano máis dar a coñecer a festividade dos MAIOS dentro da nosa comunidade educativa, organizando un obradoiro para a confección de coplas e do Maio que se desenvolverá en 4 xornadas.
Unha actividade pensada para a convivencia de pequenos/as, pais, nais e avós/oas, aínda que a participación pode ser individual.
¿Cómo me apunto?
Podedes apuntarvos aquí ata o 27 de abril, cubrindo un sinxelo formulario.
¿Ten Custe?
A actividade é de balde
¿Qué obxectivos ten a actividade?
– Achegar a festa tradicional dos maios aos neno/as a carón das súas familias.
– Coñecer a flora característica destas festas, realizando actividades divertidas e educativas.
– Fomentar a relación interxeracional, escoitando tanto as propostas das/os nenas/os como as dos maiores.
– Aprender a divertirse coa natureza.
¿Cando se desenvolve a actividdade??
Venres 28 abril, de 17:00 a 18:30h no CEIP A Ponte
17:00 – 17:30 = ¿Qué son os Maios?
17:15 – 17:30 = ¿Qué son as Coplas?
17:30 – 18:30 = Confección da Copla
Venres 5 de maio, de 17:00 a 18:30h no CEIP A Ponte
17:00 – 17:30 = Pensemos o Maio
17:30 – 18:30 = Creando un Maio
Sábado 06 de maio, de 10:30 a 12:30h no CEIP A Ponte
10:30 – 11:15 = Desenvolvendo un Maio
11:15 – 11:30 = Xogos distendidos
11:30 – 12:30 = Rematando un Maio
Domingo 07 de maio, de 10:30 a 13:30h na Rúa do Paseo
10:30 – 13:00 = Cantar as coplas a carón do Maio
Agardamos que esta actividade sexa do voso agrado. Animádevos a participar e que vivan os Maios!!