En este momento estás viendo Anpa Fest 2023 no CEIP A Ponte

Anpa Fest 2023 no CEIP A Ponte

O venres 16 de xuño celebramos a Festa de remate do curso escolar, organizada pola ANPA do CEIP A Ponte. Nesta nova edición, contaremos cunha chea de actividades para que @s cativ@s páseno de marabilla.

ASISTENCIA: esta actividade é soamente para @s soci@s da ANPA do CEIP A Ponte, sempre que estean ao corrente de pago da cuota do curso actual. A entrada é GRATUITA para @s soci@s da ANPA do CEIP A Ponte.

É imprescindible a RESERVA de praza. O prazo máximo para facelo é o día 14 de xuño ás 15:00h.

Podedes facelo de maneira sinxela neste FORMULARIO

 

 

HORARIOS ENTRADA: pola porta do patio de Infantil (Parque Xesús Pousa).
 De 17.00 h a 17:15h : 3°; 4º; 5º e 6º de Educación Primaria. 
 De 17:15 h a 17:30h: Educación Infantil e 1º e 2º de Educación Primaria.
 
HORARIOS SAÍDA: pola porta do patio de Infantil (Parque Xesús Pousa).
Educación Infantil sairá cando o determine a persoa responsable a cargo do nen@ e sempre antes das 20:00h.
Ás 20:00h: 1º e 2º de Educación Primaria.
Ás 20:15h: 3°; 4º; 5º e 6º de Educación Primaria.
 
SAÍDA ANTICIPADA: en horario de 18:30 a 18:45h. Necesaria autorización en caso de non ser a nai/pai/titor legal do neno/a. Nin antes nin despois se poderá recoller a ningún/ha nena/o.

DÚAS FESTAS: unha vez no recinto do colexio, teremos dous espacios, separados por idades. Infantil e 1º + 2º de Primaria, estarán no patio superior. O resto de cursos, terán a festa no Polideportivo.

ACOMPAÑANTE: @s nen@s de INFANTIL ou con NEE (Necesidades Educativas Especiais) terán que estar acompañados ou estar baixo a supervisión dunha persoa adulta: nai, pai, tutor legal ou responsable. As actividades deste ano aconsellan a supervisión dos máis cativ@s. No formulario encontraredes cómo facelo. 


OBRIGATORIO: ao haber xogos con auga  é obrigatorio que as nenas/os veñan cunha mochila cunha muda, unhas chanclas e unha toalla


**Os nenos/as de 6º de Primaria poderán abandoar a festa de maneira individual, nas horas (de 18:30 a 18:45) establecidas para elo. No formulario de inscripción encontraredes como facelo. 

¿TEDES ALGUNHA DÚBIDA? Podedes contactar connosco vía mail: directiva@aponteanpa.gal