Actividades de Entroido no colexio

Na semana do 13 ao 17 de febreiro, na antesala dos días fortes do Entroido na cidade, foron varias as visitas de máscaras tradicionais para dar a coñecer aos cativos/as algúns dos entroidos máis característicos da provincia de Ourense.

Comenzamos o luns 13, coa visita de Paquita e Nicanor, máscaras típicas do Entroido de Seixalbo, no Concello de Ourense. En colaboración coa AV de Seixalbo e a Comisión de Festas de Seixalbo.

O martes continuamos coa presenza no colexio do Boteiro de Viana do Bolo, e o seu fulión de bombos e aixadas. En colaboración co Concello de Viana do bolo. 

E rematamos o xoves 16 coa visita das Pantallas de Xinzo de Limia, que fixeron as delicias de todos/as os nenos/as do Ceip A Ponte. Actividade en colaboración coa Asociación A Pantalla, de Xinzo de Limia.


Para ensalzar tamén a gastronomía típica destes días, durante a mañán hobou reparto de orellas de Entroido polas aulas do centro, que tiveron un éxito total, xa que non quedou nin a primeira.

O venres 17, tivo lugar un fabuloso DESFILE DE ENTROIDO, organizado polo colexio e onde participando todos os nen@s e coa temático do Circo, o maior espectáculo do mundo. Deixámosvos un video da comitiva entroideira, que desfilou polas rúas do barrio, ateigadas de xente para contemplar aos participantes.

O luns de Entroido, unha numerosa representación de familias do Ceip A Ponte participaron no desfile do Entroido de Frei Canedo. Levaron a ledicia e a troula polas rúas do barrio, e sobretodo os/as nenos/as foron os que máis disfrutaron desta actividade.
¡¡Viva o Entroido!!