Actividades extraescolares 2021-2022

Unha vez rematado o prazo de inscrición e cotexadas as solicitudes recibidas, a oferta de actividades extraescolares a desenvolver no Ceip A Ponte no presente curso académico, son as seguintes:

Os nen@s que participarán en cada actividade, xa foron notificados desde a ANPA. Se algunha persoa non foi notificada, poden poñerse en contacto no enderezo: directiva@aponteanpa.gal

IMPORTANTE: antes do comezo da actividade, é preciso cubrir o documento ANEXO II e entregalo á ANPA. Pode entregarse ao monitor da actividade, ou envialo por mail (actividades@aponteanpa.gal) ou depositalo no Buzón da ANPA no colexio.

Algunhas consideracións importantes:

  • Os socios/as da ANPA (ao corrente de pago) non terán que pagar matrícula nas actividades. As persoas NON socios/as terán que abonar unha cuota 20€ en concepto de «matrícula».
  • O pagamento de cada actividade será mensual, a primeiros de cada mes, ao monitor/a ou na forma que este indique.
  • Para patinaxe é necesario ter contratado un seguro de accidentes (seguro ANPA 6€), levar o material propio da actividade e de seguridade.
  • *Pago de natación será na conta ANPA ( ES10 2038 4026 6260 0012 7365 ) pode pagarse integro (128€) antes do 02/11/21 ou trimestral: 1º trimestre: 32 € , data fin 02/11/21 | 2º trimestre: 48€ , data fin 10/01/22 | 3º trimestre:48€ , data fin 04/04/22.