Presentamos a oferta de actividades extraescolares para o curso 2023/2024. De esta proposta inicial, publicaremos máis tarde a tabla definitiva, en función dos/as inscritos/as nas mesmas, xa que a súa celebración depende de obter un número mínimo de participantes.



Esta é a OFERTA provisional de actividades extraescolares para o curso 2023/2024. Antes de botarlle unha ollada, tede en consideración algunhas puntualizacións importantes:
NORMATIVA INTERNA DAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES
1. A INSCRICIÓN nas actividades extraescolares da ANPA DO CEIP A PONTE para o curso 2022/23 formalizarase únicamente mediante este FORMULARIO ONLINE (pica no enlace).
2. As persoas NON SOCIAS/OS da ANPA DO CEIP A PONTE, deberán de pagar unha matrícula de 30 EUROS (para cada actividade) para poder participar na actividade.
3. O PRAZO DE INSCRICIÓN nas actividades comenzará o venres 15/09/2023 e rematará o mércores 27/09/2023 (ambos inclusive).
4. O venres 29/09/2023 anunciaremos na nosa web (www.aponteanpa.gal) o listado de actividades que acadaron o número mínimo de 10 alumnas/os para poder desenvolverse.
5. As actividades teñen un AFORO MÁXIMO establecido e a admisión nas actividades será por orden de solicitude.
6. As actividades comezarán o luns 2 de outubro de 2023.
7. O PAGAMENTO de cada actividade será ao comezo de cada mes e irá determinado por quen imparte a actividade. Haberá que efectualo nas condicións que se establezcan.
8. No caso de querer darse de baixa dunha actividade, é necesario avisar ao monitor/a e tamén á ANPA, no correo: actividades@aponteanpa.gal , antes do día 25 do mes anterior a causar a baixa.
9. Para o ALUMNADO DE COMEDOR que pase directo á extraescolar das 16:00h, é necesario solicitar ese servizo no formulario de inscrición das extraescolares.
10. Para as ACTIVIDADES DEPORTIVAS é necesario ter contratado un seguro de accidentes (Externo ou o seguro da ANPA, que ten un coste de 6€) levar o material propio da actividade, e de seguridade (patinaxe).
11. A ANPA poderá aplicar como medida sancionadora a exclusión da actividade (temporal ou definitiva) por comportamento inapropiado, a quen altere constantemente o normal funcionamento da actividade.
12. As actividades só se desenvolverán os días lectivos do CEIP A PONTE.
13. As actividades extraescolares rematarán no mes de xuño de 2024.
Podedes coñecer a DESCRICIÓN e detalles de todas as ACTIVIDADES, neste documento en PDF. Pica nesta imaxe para acceder a él.
