🚸 𝐀𝐌𝐏𝐋𝐈𝐀𝐂𝐈Ó𝐍 𝐃𝐄 𝐒𝐄𝐑𝐕𝐈𝐙𝐎𝐒 𝐩𝐚𝐫𝐚 𝐩𝐞𝐫𝐬𝐨𝐚𝐬 𝐮𝐬𝐮𝐚𝐫𝐢𝐚𝐬 𝐝𝐞 𝐟𝐨𝐫𝐦𝐚 𝐞𝐬𝐩𝐨𝐫á𝐝𝐢𝐜𝐚.
Co fin de seguir mellorando as posibilidades de 𝐜𝐨𝐧𝐜𝐢𝐥𝐢𝐚𝐜𝐢ó𝐧 𝐟𝐚𝐦𝐢𝐥𝐢𝐚𝐫 e despois de diferentes xestións coas empresas prestadoras dos 𝐬𝐞𝐫𝐯𝐢𝐳𝐨𝐬 𝐝𝐞 𝐀𝐜𝐨𝐥𝐥𝐢𝐝𝐚 𝐭𝐞𝐦𝐩𝐞𝐫á 𝐞 𝐝𝐞 𝐂𝐨𝐦𝐞𝐝𝐨𝐫, desde a ANPA podemos anunciar que se habilitan estes novos servizos para persoas que o precisen de forma esporádica.
DATA LÍMITE PARA A SOLICITUDE-INSCRICIÓN DOS SERVIZOS: 𝟏𝟐 𝐝𝐞 𝐨𝐮𝐭𝐮𝐛𝐫𝐨 2022.

COMEDOR
🎒 Este Servizo é exclusivo para 𝐬𝐨𝐜𝐢𝐚𝐬/𝐨𝐬 𝐝𝐚 𝐀𝐍𝐏𝐀.
Coste do servizo: 4,5 €/día
PASO 1: darse de alta cubrindo o seguinte 𝐟𝐨𝐫𝐦𝐮𝐥𝐚𝐫𝐢𝐨 online:
https://bit.ly/3BW61qR
PASO 2: cubrir 𝐟𝐢𝐜𝐡𝐚 𝐒𝐄𝐏𝐀 (domiciliación bancaria) cos datos bancarios e entregala no BUZÓN da ANPA (antes de usalo servizo). A empresa «SALA GRANDÍN» cargará a final de mes o importe da suma total de días que se usou o servizo.
Enlace de DESCARGA: https://aponteanpa.gal/download/orde-sepa-comedor/
PASO 3: hai 𝐝ú𝐚𝐬 𝐦𝐨𝐝𝐚𝐥𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞𝐬 (opcións no formulario)
A) FIXOS DISCONTÍNUOS: para os que precisan o servizo un ou varios días concretos á semana. Só deberán comunicar a súa NON asistencia chamando ao TLF do colexio 988 783 092, antes das 9:30h do propio día. No caso de non comunicar a NON asistencia en tempo e forma, o día cobrarase como asistencia.
B) DÍAS SOLTOS: para aquelas persoas que non saben que días van precisar do servizo. Para acudir ao comedor, deben chamar ao colexio antes das 09:30h do propio día. Tlf: 988 783 092.

ACOLLIDA TEMPERÁ
Coste socias/os ANPA: 4€/día ou 4,5 €/día con almorzo.
Coste «non socias/os»: consultar coa FAPA Ourense (fapa-ou@hotmail.com).
𝐒𝐨𝐥𝐢𝐜𝐢𝐭𝐮𝐝𝐞 𝐝𝐚 𝐀𝐋𝐓𝐀 no servizo mediante mail a:
fapa-ou@hotmail.com
Desde a «FAPA Ourense» facilitarán as instrucións a seguir.
**NOTA: ademáis do pago do servizo, será preciso tamén o pagamento dun seguro anual da FAPA (coste 5€/ano), previo comezo do uso do servizo.
**NOTA: o día que se vaia facer uso do servizo debe comunicarse previamente, cunha 𝐚𝐧𝐭𝐞𝐥𝐚𝐜𝐢ó𝐧 𝐝𝐞 𝟐𝟒𝐡, no mail:
fapa-ou@hotmail.com