
PROGRAMA DO ANPAFEST 2026
INCHABLES CON AUGA
INCHABLES NORMAIS
FESTA DA ESCUMA
XOGOS TRADICIONAIS
OBRADOIROS DE GLOBLOFLEXIA E PINTACARAS
MERENDA
DISCO MÓBIL
HORARIOS DO ANPAFEST 2026
ENTRADA: pola porta do patio de Infantil (Parque Xesús Pousa)
16:30 h a 16:45h : 3°; 4º; 5º e 6º de Educación Primaria
16:45 h a 17:00h: Educación Infantil e 1º e 2º de Educación Primaria
SAÍDA: pola porta do patio de Infantil (Parque Xesús Pousa)
** Educación Infantil sairá cando o determine a persoa responsable a cargo e sempre ANTES DAS 20:00h.
20:00: 1º e 2º de Educación Primaria
20:15: 3°; 4º; 5º e 6º de Educación Primaria
* Só está permitida a SAÍDA ANTICIPADA en horario de 18:30 a 18:45, avisando desta circunstancia antes do comezo da festa. Nin antes nin despois se poderá recoller a ningún/ha nena/o.
É OBRIGATORIO:
Ao haber xogos con auga é obrigatorio que as nenas/os veñan cunha mochila cunha muda, unhas chanclas e unha toalla. Recomendable que a mochila leve o nome do alumno/a, e metan nela toda a roupa.
ENTRADA PROHIBIDA DE:
– Alumnado de Educación Infantil e NEAE sen adulto responsable que a/o acompañe. (Alumnos de EI e NEAE deberán estar acompañados dun adulto responsable).
– Teléfonos móbiles.
– Calquera elemento impropio para a celebración desta festa.
INSCRICIÓNS NO ANPAFEST 2026
Farase a inscrición neste sinxelo FORMULARIO: https://forms.gle/qBHTKiCaWoLe6fS46
Imprescindible 𝐑𝐄𝐒𝐄𝐑𝐕𝐀 𝐝𝐞 𝐩𝐫𝐚𝐳𝐚.
Só se poderán inscribir PERSOAS SOCIAS DO ANPA (ao corrente de pagamento) ata o martes 16/06/26 ás 15:00 h.
A súa inscrición estará formalizada cando reciba no email un correo coas respostas facilitadas. NON SE ADMITIRÁN INSCRICIÓNS FORA DE PRAZO.
Toda/o nena/o debe ter un comportamento correcto e respecto cara ás demais persoas que nesta festa participan, así como coas instalacións do centro, podendo ser expulsado do ANPAFEST por un reiterado mal comportamento.
DÚBIDAS E CONSULTAS, vía mail: contacto@aponteanpa.gal