O pasado venres 27 de outubro celebramos no colexio a FESTA DO SAMAÍN. A choiva respetounos e poidemos levar a cabo todas as actividades previstas sen contratempos.






Todos @s nen@s asistentes pasárono en grande e disfrutaron de 3 horas de troula e moito «medo», especialmente no túnel do medo, que foi a actividade estrela da festa.
Moitas grazas a tod@s os pais/nais presentes, aos Pontevoluntari@s, aos membros da Anpa, ao equipo directivo do colexio pola súa colaboración, aos proveedores da diferente loxística e de maneira especial ao equipazo de Yuka Animación por un estupendo e profesional traballo.
¡¡Viva o Samaín!!