A ANPA DO CEIP A PONTE pon en funcionamento o proxecto IGUALCAMPA, unha iniciativa para favorecer a conciliación das familias á finalización do curso académico e antes do inicio do seguinte, á vez que as nenas e nenos edúcanse en valores como a autonomía, a solidariedade, a boa convivencia e a sostibilidade.

DESTINATARIAS/OS
Nenas e nenos nacidos entre os anos 2013 ao 2021.
OBXECTIVOS
1. Facilitar a conciliación da vida persoal, familiar e laboral dos pais, nais e/ou titores/as legais
2. favorecer o desenvolvemento persoal e social das persoas participantes.
3. Fomentar o respecto, o compañeirismo e a cooperación.
4. Promover a cultura do botrato, equidade, respecto á diversidade, participación democrática, cooperación e non violencia.
5. Fortalecer o autoconcepto e autoestima do alumnado e a posibilidade de que poidan medrar libres de mandatos opresivos de xénero.
6. Reflexionar sobre as desigualdades de xénero
7. Prever condutas violentas por razón de xénero, sexualidade ou outras formas de opresión.
8. Estimular a expresión e regulación emocional, a comunicación e a negociación como estratexias para a resolución positiva de conflitos.
9. Desenvolver hábitos de responsabilidade de respecto e coidado cara ao medio.
ACTIVIDADES
-ASEMBLEAS DAS EMOCIÓNS
-MULTIXOGOS REUNIDOS POLA IGUALDADE
-DOCUMENTAL TEATRAL
-O TELEXORNAL IGUALITARIO
DURACIÓN
1º QUENDA: do 23 ao 30 de xuño de 2025 (ambos incluídos), cun horario de 09:00h a 14:00h de luns a venres
2º QUENDA: do 01 ao 05 de setembro de 2025 (ambos incluídos),cun horario de 09:00h a 14:00h de luns a venres
3° QUENDA: do 08 ao 30 de setembro de 2025 (ambos incluídos),cun horario de 16:00h a 18:00h de luns a venres
PRAZO DE INSCRICIÓN
A data límite para a semana de xuño, é o xoves 19/06/25 ás 23:59h
A data límite para a semana de setembro, é o xoves 28/08/25 ás 23:59h
PREZO DA ACTIVIDADE
A ANPA ao abeiro da Orde do 20 de decembro de 2024 (DOG nº 30 do 13 de febreiro de 2025) solicitou unha subvención á Consellaría de Política Social e Igualdade para a realización do proxecto IGUALCAMPA 25 no CEIP A PONTE.Na resolución da subvención acordouse conceder a axuda ao proxecto polo que non haberá custe e o servizo será de balde para as familias.

¿CÓMO PODO INSCRIBIRME? De manera sinxela, neste FORMULARIO:
https://forms.gle/iSeF1nVzxuxjmRoF7
PRELACIÓN DE SOLICITUDES
No casode existir máis solicitudes que prazas ofertadas, a prelación realizarase en virtude dos criterios establecidos na Orde do 20 de decembro de 2024 (DOG nº 30 do 13 de febreiro de 2025) que regula a subvención. Nese caso, as persoas que non obtiveron praza recibirán un correo de directiva@aponteanpa.gal antes do comezo de cada quenda.
PRESTACIÓN DO SERVIZO
A ANPA é a encargada da xestión do proxecto e a empresa prestadora do servizo será YUKA ANIMACIÓN.
PODE CONSULTAR O PROXECTO COMPLETO EN: https://aponteanpa.gal/download/proxecto-igualcampa/