Celebrando as letras galegas con Peter Punk

Para festexar un día moi especial no calendario escolar, o que celebra a nosa lingua nai, tod@s @s nen@s do colexio poideron disfrutar do espectáculo do artista polifacético Peter Punk, nunha actuación chea de circo, malabares, humor e clown.

Desde os máis cativos ata os mayores do último curso no colexio, estiveron moi participativos e disfrutaron moito deste gran artista galego.

Esta actividade está financiada íntegramente pola ANPA do CEIP A Ponte, e para tod@s @s nen@s do colexio.