Comenzamos nova etapa

👋 𝐁𝐄𝐍𝐕𝐈𝐃𝐎𝐒/𝐀𝐒 á web oficial da ANPA do Colexio CEIP A PONTE, de Ourense. Esta será a unha das canles de comunicación con toda a comunidad de Nais e Pais do colexio.

💼 Dende a 𝐧𝐨𝐯𝐚 𝐝𝐢𝐫𝐞𝐜𝐭𝐢𝐯𝐚 asumimos o reto con moita ilusión e con moitas ganas de traballar, para tentar mellorar o colexio dos nosos/as fillos/as.Sabemos da responsabilidade que collemos e as dificultades que nos atoparemos no camiño, polo que pedímosvos a vosa colaboración e comprensión.

EQUIPO DIRECTIVO ANPA CEIP A PONTE:

A composición e as áreas de traballo das que nos dotamos é a seguinte:
DIEGO G. LÓPEZ Presidente, coordinador xunta directiva, interlocutor coa Escola e Institucións
NATALIA GONZÁLEZ Vicepresidenta, coordinadora acollida e comedor ANPA
RUBÉN AMORÍN Tesoureiro, coordinador Comunicación
RAQUEL NOGUEROL Secretaria, representante no Consello escolar da ANPA
IOLANDA PÉREZ Vogal, coordinadora de Actividades lúdico festivas
ALBA LÓPEZ Vogal, coordinadora de Actividades extraescolares

✅ Iremos informando das 𝐧𝐨𝐯𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞𝐬 deste comezo de curso, esperando que haxa boas novas e podamos levar un ano o máis normal posible. Tede paciencia, estamos xa traballando arreo.

💪𝐒𝐀Ú𝐃𝐎𝐒 𝐀 𝐓𝐎𝐃𝐎𝐒/𝐀𝐒