COMUNICADO Campamento Concilia

En relación ao Campamento Concilia que desenvolve a ANPA do CEIP A Ponte, queremos comunicarvos que vimos de recibir a notificación da 𝐜𝐨𝐧𝐜𝐞𝐬𝐢ó𝐧 𝐝𝐚 𝐚𝐱𝐮𝐝𝐚 solicitada para esta actividade, tanto de xuño como de setembro, polo que nos vindeiros días procederemos á devolución do depósito realizado na quenda de xuño.

De cara á quenda de setembro, que terá lugar do luns 2 ao venres 6, recordarvos que está aberto o prazo de inscrición ata o 28/08/24 ás 23:59h.

** Unha vez concedida a axuda, para o campamento de setembro non fai falta realizar ningún depósito.

👉 Formulario de inscrición:

https://forms.gle/QiwMvWGprroCWRQC9