O próximo luns 21 de outubro celebraremos a Asamblea Ordinaria anual da Anpa. Nos próximos días faremos a convocatoria oficial da mesma.
Desde a ANPA queremos contarvos:
Despois de varios cursos ao fronte da Asociación, consideramos que vai sendo hora de pechar un ciclo e deixar paso. Por iso, na vindeira Asamblea presentaremos o noso cese como membros da Xunta directiva.
Polo tanto, facemos un chamamento a todas as persoas socias, para que se logre constituir un novo equipo e poida coller o relevo da actual directiva. Na próxima Asamblea formalizaríase ese relevo. Pola nosa parte tería todas as facilidades e información para levalo a cabo de maneira exitosa.
Gustaríanos que unha nova Directiva axudara a mellorar a Anpa, para que sexa unha asociación dinámica, e contribúa ao aumento da calidade da educación que reciben as/os nosas/os fillas/os; a unha mellor conciliación familiar e como non…. a facer boas festas para as/os alumnas/os.
Esperamos que entre todas/os poidamos conseguilo. ¡¡Vémonos o luns 21 de outubro!! Gardade a data na axenda 😉
** P.D. Moitas grazas a todas as persoas que ao longo destes anos pasados puxeron parte do seu tempo e esforzo, en beneficio da comunidade educativa do noso colexio.