O pasado día 27/07/2023 esta ANPA recibe comunicación por parte do Equipo Directivo do CEIP A Ponte da supresión dunha auxiliar coidadora do centro (de 3 coidadores/as pasan a ser 2) e tras a comunicación das 5 familias que teñen un fillo con necesidades de
coidador/a a tempo completo no centro.
EXPOÑEMOS
- Esta decisión que afecta directamente á calidade educativa e á inclusión deste alumnado, que segundo a “Orde do 8 de setembro de 2021 pola que se desenvolve o Decreto 229/2011, de 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia” no seu articulado recóllese o seguinte :
Artigo 79:
1.Os centros docentes contarán coas persoas profesionais especializadas que necesiten para atender ás necesidades educativas a totalidade do alumnado que escolarizan; - A proposta de atención ao alumnado por parte do profesorado especialista en Pedagoxía Terapéutica o de Audición e Linguaxe, se realizará segundo dispón o artigo 57 desta orden;
- Entre os recursos profesionais para atender á diversidade se considera ao persoal auxiliar coidador, o persoal interprete de linguaxe de singnos todas as persoas profesionais específicas que integran os centros de educación especial”
Artigo 80:
O persoal auxiliar coidador se entende como un recurso profesional de apoio aos centros docentes para atender ao alumnado con necesidades educativas especiais escolarizado no segundo ciclo da Educación Infantil, na Educación Primaria, en
Educación Secundaria Obrigatoria e, excepcionalmente, en Educación Secundaria Postobligatoria que presente algunha das seguintes características: a) Necesidade de ser acompañado en todos ou en parte dos seus desprazamentos; b)Necesidade de asistencia na súa hixiene e aseo; c) Necesidade de asistencia imprescindible na súa alimentación; d) Necesidade de cambios posturais frecuentes ao longo da xornada escolar para os que careza de autonomía necesaria; e) Ausencia de hábitos básicos de autonomía e de vida en sociedade.
- As cinco familias ás que se lle foi comunicada a supresión teñen alumnado que presenta no seu dictame de escolarización “coidador a tempo completo” (tanto dentro, como fóra da aula ordinaria). Polo que é materialmente imposible que dous auxiliares
coidador poidan atender as necesidades deste 5 alumnos que, debido ás súas características particulares e diversidade funcional, precisan da súa axuda non só para a atención das súas necesidades básicas de autonomía persoal e desprazamento, se non tamén dentro das aulas en momentos lectivos nos que non teñen presente á súa PT de referencia (debido isto a que existe un gran número de alumnado con necesidades educativa, dificultades de aprendizaxe e outras sintomatoloxías que non precisan de coidador, excedendo a ratio de alumno por mestre especialista e véndose deste xeito
saturadas/os e ofrecendo unha intervención cunha carga horaria deficitaria para o alumnado que atenden, dado que non se amplía o catálogo de Mestres especialistas de PT e AL, algo moi necesario para executar unha boa intervención e unha inclusión axeitada deste alumnado.
Isto vai sempre en detrimento de todos os alumnos con diversidade funcional, non só dos 5, e atenta contra os seus dereitos a ter unha ensinanza de calidade, igualdade de oportunidades e á inclusión.
- O persoal auxiliar coidador no CEIP A PONTE no curso 2021/22 era de 4 persoas e a previsión para o curso 2023/24 é de 2, supondo unha redución do 50 % deste persoal adscrito ao centro. Polo que é preciso coñecer insitu a situación de cada centro educativo con respecto á atención á diversidade dado que, aínda que a ratio sexa igual en diferentes colexios, as características deste alumnado son diferentes aínda que o seu diagnóstico teña igual ou similar nome. Pero, como ben dixemos con anterioridade, no seu dictamen de escolarización aparece claramente escrito que precisan de coidador/a a tempo completo (dentro e fóra da aula).
Polo que, durante o curso 2022/23 e con 3 coidadores/as o desenvolvemento das xornadas no centro educativo xa era moi difícil e vendo a labor imprescindible que realizaron con este alumnado, podemos afirmar que a redución dunha persoa faría que a situación se convírtese en inviable.
- O CEIP A PONTE conta con moi bos profesionais especialistas PT e AL (e non especialistas) pero as múltiples necesidades do alumnado NEAE do centro non permite que a atención educativa que reciben sexa de calidade. Así destacamos as seguintes
eivas:
– O número de persoal especialista é insuficiente para poder cubrir correctamente todas as necesidades dada a elevada ratio de alumnado que atenden.
– As familias teñen que acudir a institucións externas para que realicen valoracións e diagnóstico dos seus fillas/os que deberían realizarse no centro.
– Nenas/os que sen dificultade a nivel cognitivo non se lle dá a oportunidade de que estén o maior tempo posible dentro das aulas ordinarias por falta de persoal.
– Non se proporcionan adaptacións metodolóxicas pertinentes, nin se atenten os protocolos da Xunta de Galicia con pautas e estratexias de intervención.
– Non existen convenio con outras entidades para que podan realizar intervencións co alumnado con NEAE dentro do centro, como si acontece con outros colectivos, p.ex: a ONCE.
Estas eivas veñen derivadas de diferentes factores e da que o Inspector asignado ao centro é sabedor dende fai tempo. Entendemos que se debe mellorar esta situación dotando con máis recursos persoais ao centro e non propondo unha redución.
- Para este novo curso académico 2023/24, vense de suprimir unha aula de Educación Infantil que supón a redución de persoal de 2 mestras. Dado que en Ed. Infantil non se cumplirá a ratio de mestres de apoio por alumnado, esa carga será asumida por algún/ha mestra/e de primaria ou especialista.
Ao estar nun momento de descoñecemento das necesidades do novo alumnado de 4º de Ed. Infantil, e despois das valoracións pertinentes pode aparecer alumnado con NEAE que precise de atención dun/ha auxiliar coidador/a.
Polo que coa actual supresión proposta redundará nunha peor atención á colectividade con NEAE.
- O alumnado que precisa de persoal auxiliar coidador son persoas con plenos dereitos establecidos nas lexislación tanto autonómica como estatal. Non son “cidadáns de segunda”, non teñen que adaptarse á sociedade, é a sociedade a que debe outorgarlles os medios para que teñan unha vida plena e de calidade.
- As familias que esta ANPA representa atopámonos desprotexidas ante as decisións administrativas de supresión de recursos de cara a atención á diversidade funcional, unha atención que lles corresponde por dereito.
Observamos con estupor, como día tras día se pasa por riba do dereito de ter unha educación pública de calidade, onde o ensino público ve minguados os seus recursos fronte as asignacións económicas que cada ano medran para o ensino privado.
O alumnado con NEAE ten dereitos e a administración ten que dotar aos centros públicos ( non só os centro específicos) de recursos para que estes podan exercitalos.
Amosamos e xustificamos a nosa disconformidade ante a supresión de persoal auxiliar coidador e a falta de dotación dos recursos humanos necesarios para atender a todo o alumnado con NEAE no CEIP A PONTE, que atenta contra os dereitos do alumnado con
necesidades a unha educación de calidade e a unha inclusión plena, por todo o anterior
SOLICITAMOS:
- Que se revisen novamente os expedientes e informes do Departamento de Orientación do CEIP A Ponte e os da Inspección Educativa sobre o alumnado con necesidade de persoal auxiliar coidador tanto a tempo completo como parcial.
- Que comproben insitu como é o día a día do alumnado con esta necesidade no centro educativo.
- Que se restitúa ao persoal auxiliar coidador/a que se vén de suprimir con data de 27 de xullo de 2023. Quedando 3 coidadores/as a tempo completo para o curso 2023/24.
- Que se dote ao centro de maior número de recursos humanos , tanto PT como AL que permitan ter unha maior calidade educativa.
- Que se nos comunique mediante escrito motivado a resposta a esta solicitude.