Consello escolar: proposta de extraescolares

Logo de varias semanas traballando na oferta de actividades extraescolares para este curso 2021-2022, xa temos definidas as posibles opcións a realizar, abarcando as diferentes idades dos alumn@s . Esta proposta + plan de actuación COVID terán que ser aprobados no próximo Consello Escolar.

As actividades incluídas na proposta de extraescolares son as seguintes:

  • Baile moderno
  • Skatebord
  • Patinaxe
  • Iniciación ao ciclismo
  • Baila coa pandeireta
  • Psicomotricidade
  • Xadrez
  • Pintura
  • Manualidades
  • Diseño dixital e Fotografía
  • Robótica
  • Teatro
  • Kung Fu

Para complementar a oferta, haberá actividades «externas» (fóra do colexio), que están sendo pechadas estes días.

Unha vez teñamos a aprobación por parte do Consello escolar, comunicaremos os días, horarios e prezos de cada actividade.

Tamén comenzarán os prazos para a inscrición, recordando que hai un número mínimo de participantes, para que logo sexa viable e posible o desenvolvemento da actividade extraescolar.