CULTIVANDO o BoTrato. Proxecto Igualade. Curso 24/25.

A ANPA do Ceip A Ponte, neste curso 2024/2025, desenvolverá un proxecto coas familias e o alumnado do centro, para traballar sobre os temas que máis lles preocupan, e recibir formación sobre como poder abordalos e coeducar aos seus fillos e fillas.

Estas actividades terán lugar durante o 𝐦𝐞𝐬 𝐝𝐞 𝐧𝐨𝐯𝐞𝐦𝐛𝐫𝐨, durante varias xornadas, entre os días 19 e 30, con diferentes enfoques segundo as idades dos nen@s.

A través da colaboración coa Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, continuamos avanzando cara a Igualdade efectiva entre mulleres e homes con accións que nos permiten coeducar aos nosos fillos e fillas nas competencias emocionais clave para o seu desenvolvemento integral, así como contribuír á consecución dos obxectivos de desenvolvemento sostible.

Un modelo de convivencia baseado no botrato repercute positivamente no autoconcepto e autoestima do alumnado, mellora as relacións interpersoais, favorece unha abordaxe non violenta e construtiva dos conflitos e reduce a aparición e cristalización de situacións de violencia.

Sendo un concepto e un enfoque aínda pouco coñecido, o botrato defínese nas relacións coas demais persoas e a contorna e refírese ás interaccións que promoven un sentimento de mutuo  de recoñecemento, valoración, benestar e que ademais favorecen o desenvolvemento persoal e colectivo.

O botrato está asentado nos piares do recoñecemento mutuo, a empatía, a comunicación, a interacción igualitaria e a negociación. En definitiva contribúe a establecer relacións equitativas e a alimentar un clima de convivencia saudábel, xusto e posibilitador do pleno desenvolvemento do alumnado.