Día de Rosalía no CEIP A Ponte

Para celebrar o Día de Rosalía de Castro (23 de febreiro) no colexio, contamos con Lele e Tegra de Trécola Teatro, que fixeron un percorrido polas aulas cun pequeno espectáculo, adaptado aos diferentes ciclos.

O espectáculo xiraba en torno a dúas investigadoras, que buscaban unha misteriosa muller, moi importante para as/os galegas/os, e que as/os nenas/os debán adiviñar. A solución ao enigma era a nosa querida Rosalía de Castro.

Unha actividade promovida pola ANPA do Ceip A Ponte, para darlle a coñecer as/os nenas/os a figura de Rosalía de Castro, e o que representa para a cultura e lingua galegas.