En este momento estás viendo O Edixgal no curso 25/26

O Edixgal no curso 25/26

Na asemblea da ANPA do mes de outubro de 2024 tomouse o acordo por unanimidade de solicitarlle ao centro a saída do Proxecto EDIXGAL ( proxecto para 5º e 6º de E. Primaria onde todas as materias impártense a través dunha pantalla eliminando os libros de texto). Para poder formalizar a saída teñen que estar a favor tanto o Claustro do profesorado como o Consello Escolar.

  • 12/11/2024  no Consello Escolar trasladamos este acordo á Dirección do centro solicitando que se inicie os trámites para formalizar a saída.
  • No mes de decembro produciuse a dimisión do equipo de Dirección do centro, que supuxo unha paralización desta cuestión.
  • O 25/02/25, xa co equipo directivo actual, foi cando o Consello Escolar adoptou o acordo de nomear unha Comisión formada por representantes do profesorado e das familias, para valorar o proxecto EDIXGAL no CEIP A PONTE. Dando de prazo o mes de marzo para a realización dese informe.
  • O 02/04/25 vólvese reunir o Consello Escolar, no que se acorda Agardar a que saía a nova convocatoria do programa, e unha vez coñecida, convocar en prazo Claustro e Consello para que cada un destes órganos tomen a decisión oportuna sobre a solicitude de saída do programa.”
  • O 13/05/25 publícase Resolución da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, sobre o novo EDIXGAL híbrido ( no que 3 materias poderán ter libros de texto).
  • O 21/05/25 o Consello Escolar adopta a decisión de continuar co EDIXGAL híbrido, seguindo as indicacións que establece o informe que elaborou a COMISIÓN (podes consultalo aquí)  que propón a continuidade no proxecto coas seguintes características:

6 LIBROS de texto físicos para as materias de maior carga lectiva. Tres deles aportados polo fondo de libros (abrirase unha convocatoria para solicitalos) e outros tres aportados (en préstamo) polo colexio.

O ORDENADOR NON se empregará para ESTUDAR e quedará sempre na aula, sendo unha ferramenta de apoio e non o eixo principal no que se basea o traballo académico.

– O centro elaborará unhas PAUTAS DE TRABALLO COMÚNS PARA TODO O PROFESORADO do terceiro ciclo, para poder executar este acordo.

Tras estar todo o ano adicando esforzos de moitas persoas a esta cuestión, querémoslles dar as GRAZAS A TODAS ELAS. A Xunta directiva da ANPA valora o acordo de forma positiva. Para nós non é a proposta ideal pero é bastante mellor que a existente actualmente, porque conseguimos que:

  • O alumnado estea menor tempo diante das pantallas.
  • Duplicamos o número de libros físicos do modelo híbrido proposto pola Xunta.