En este momento estás viendo Educar para a Igualdade

Educar para a Igualdade

A ANPA do Ceip A Ponte, neste curso 2025/2026, desenvolverá un proxecto coas familias e o alumnado do centro, para traballar sobre os temas que máis lles preocupan, e recibir formación sobre como poder abordalos e coeducar aos seus fillos e fillas.

Estas actividades terán lugar durante o 𝐦𝐞𝐬 𝐝𝐞 𝐧𝐨𝐯𝐞𝐦𝐛𝐫𝐨, durante varias xornadas, entre os días 17 e 25, con diferentes enfoques segundo as idades dos nen@s.

A través da colaboración coa Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, continuamos avanzando cara a Igualdade efectiva entre mulleres e homes con accións que nos permiten coeducar aos nosos fillos e fillas, nas competencias emocionais clave para o seu desenvolvemento integral, así como contribuír á consecución dos obxectivos de desenvolvemento sostible.

Os contidos que se pretenden abordar co desenvolvemento deste programa poderíanse agrupar baixo os seguintes epígrafes:

A) Igualdade e non discriminación.

B) A construción social que sustenta a violencia de xénero.

C) Micromachismos e sexismo.

Como actividade complementaria á formación en horario lectivo, realizarase tamén un Obradoiro coas familias e a comunidade educativa. Terá lugar o martes 18 de novembro, ás 18:30h, no CEIP A Ponte.