En este momento estás viendo FESTA DE NADAL 2025

FESTA DE NADAL 2025

A data de celebración da FESTA DE NADAL 2025 será o xoves 18 de decembro, nas instalacións do CEIP A Ponte, a continuación pasamos a detallar programa, horarios e normas para a participación das nenas/os nesta festa.

ESTAS ACTIVIDADES SON PARA SOCIOS/AS DA ANPA DO CEIP A PONTE.

MAGO ALBERT: para os cursos de Infantil e 1º e 2º de Primaria.

Actuación no Ximnasio de abaixo.

Acceso pola porta principal do colexio, na rúa Xesús Pousa.

Apertura de portas: 16:15

Comezo da actuación: 16:30.

Duración da actuación: aprox. 45 minutos

Por necesidades de espazo:

Os/as nenos/as de 4º e 5º de infantil poderán estar acompañados dun pai ou nai ou titor legal. Podendo estar unha persoa a cargo de varios nenos/as.

Os/as nenos/as de 6º Infantil, 1º e 2º Primaria deberán estar sen acompañante.

Os/as nenos/as con necesidades especiais deberán estar acompañados dun pai ou nai ou titor legal.

IMPORTANTE: ao finalizar a actuación, os/as nenos/as que non estaban acompañados, deberán de ser recollidos polo seu pai, nai ou titor legal. 

Para todos/as eles/as (nen@s e adult@s) ofreceremos unha pequena merenda no polideportivo: chocolate e bica.

No formulario atoparedes a opción para indicar alerxias e intolerancias.

Ás 18:15h daremos por terminada a xornada para estes cursos.


DISCOTECA con DJ TIBU: para os cursos de 3º e 6º de Primaria.

Actividade no Ximnasio de abaixo ou no polideportivo, en función do tempo e inscricións.

Acceso pola porta principal do colexio, na rúa Xesús Pousa.

Apertura de portas: 17:45

Comezo da actuación: 18:00.

Duración da actuación: aprox. 1 hora 20 minutos.

IMPORTANTE: ao finalizar a actuación, os/as nenos/as que non estaban acompañados, deberán de ser recollidos polo seu pai, nai ou titor legal. 

Para todos/as eles/as (nen@s e adult@s) ofreceremos unha pequena merenda no polideportivo: chocolate e bica.

No formulario atoparedes a opción para indicar alerxias e intolerancias.

Ás 20:00h daremos por terminada a xornada para estes cursos.

** Toda/o nena/o debe ter un comportamento correcto e respecto cara ás demais persoas que nesta festa participan, así como coas instalacións do centro, podendo ser expulsado das actividades por un reiterado mal comportamento. Avisando para que sexa recollido no colexio.

—————————————–

INSCRICIÓNS

Só se poderán inscribirse persoas socias (ao corrente de pagamento) ata o mércores 17/12/25 ás 15:00 h. Deberá de realizarse un formulario por cada neno/a participante.

A inscrición realizarase neste FORMULARIO: https://forms.gle/imyvZXWnJeucxE1z9

A súa inscrición estará formalizada cando reciba no email un correo coas respostas facilitadas.

** Para novos/as socios/as da ANPA, está habilitado o formulario de inscrición: https://forms.gle/w9tZZSpRD2jmksT38

A condición de socio/a soamente quedará acreditada co pagamento da cuota correspondente para este curso 25/26.