En este momento estás viendo Festa de Samaín 2024

Festa de Samaín 2024

O MÉRCORES 30 DE OUTUBRO celebraremos o SAMAÍN no colexio, e para elo desde a ANPA do CEIP A Ponte convidamos aos socios/as a unha Festa «terrorífica» e chea de troula.

HORARIO DA FESTA: de 16:30 a 20:00h.

ENTRADA pola porta do Patio de Infantil (Parque Xesús Pousa).

INSCRICIÓN OBRIGATORIA para poder asistir á FESTA de SAMAÍN, podedes facelo neste formulario (pincha no enlace).

INSCRICIÓNS: soamente se poderán inscribir persoas socias ao corrente de pagamento. A data límite de inscrición é o luns 28 de outubro ás 15:00 h.

A súa inscrición estará formalizada cando reciba no email un correo coas respostas facilitadas (é un correo automático que envía o formulario de Google).

ACTIVIDADES PREVISTAS NA FESTA DE SAMAÍN:

Túnel do medo (Adaptado para as diferentes idades)

Pintacaras de samaín

INCHABLES

Merenda + auga (Alerxias e intolerancias, marcadeo no formulario de inscrición)

Troula musical


NORMAS DE PARTICIPACIÓN NA FESTA DE SAMAÍN

Esta actividade é gratuita para todos/as os/as socios/as da ANPA do CEIP A Ponte (necesario estar ao corrente de pago da cuota para o curso 2024/2025 antes de realizar a inscrición na festa).

A hora de ENTRADA NA FESTA será escalonada. Pola porta do Patio de Infantil (Parque Xesús Pousa):

  • 16:30 h a 16:45h : 3°; 4º; 5º e 6º de Educación Primaria 
  • 16:45 h a 17:00h: Educación Infantil e 1º e 2º de Educación Primaria

Deben de vir ACOMPAÑADOS/AS os/as nenos/as de Educación Infantil e nenos/as con necesidades especiais, da súa nai/pai ou titor legal. Máximo unha persoa por neno/a. Poden estar varios nenos/as acompañados dun único adulto.

A hora de SAÍDA DA FESTA será escalonada. Pola porta do Patio de Infantil (Parque Xesús Pousa):

  • Educación Infantil sairá cando o determine a persoa responsable a cargo e será sempre antes das 19:45 h.
  • 19:45: 1º e 2º de Educación Primaria
  • 20:00: 3°; 4º; 5º e 6º de Educación Primaria

SAÍDA ANTICIPADA DA FESTA: soamente permitida en horario de 18:15 a 18:30. Nin antes nin despois se poderá recoller a ningún/ha nena/o.

En canto á merenda, para alerxias e intolerancias, encontraredes unha opción no formulario de inscrición para facelo constar. Buscaremos un menú adaptado ás necesidades concretas.


ESTÁ PROHIBIDA A ENTRADA DE: máscaras que tapen a cara, teléfonos móviles, e calquer complemento que poida causar algún dano, tales como: espadas, paos, cadeas,…

Toda/o nena/o debe ter un comportamento correcto e respecto cara ás demais persoas que nesta festa participan, así como coas instalacións do centro, podendo ser expulsado do SAMAÍN 24 por un reiterado mal comportamento.

¿TEDES ALGUNHA DÚBIDA? Podedes contactar connosco vía mail: directiva@aponteanpa.gal