O domingo 5 de maio tivo lugar a Festa dos maios na cidade de Ourense, participando nesta xornada festiva cun maio tradicional na categoría de «Maio infantil» e tamén un Maio artístico, elaborados polos nenos/as que acudiron ao obradoiro organizado pola Anpa, en colaboración coas súas familias.

Nun día moi desapacible e con choiva, estivemos situados nos soportais da Praza Maior. Durante toda a mañán os nenos/as estiveron disfrutando do ambiente da festa dos maios e cantando as coplas para o público. Tamén o fixeron para o Xurado desta edición, que tomou boa conta do bo facer dos cativos/as.
