Fomento da lectura Nadal 2024

Como en cursos pasados, antes das próximas datas de Nadal, realizaremos o agasallo dun libro aos alumnos/as do CEIP A Ponte, dentro dun proxecto de fomento da lectura promovido desde a ANPA.

En relación a estas campañas de fomento da lectura, notificamos que a realizada no pasado curso, foi financiada a través dunha subvención concedida pola Deputación Provincial de Ourense.