Inscrición socia/socio curso 22/23

Para formar parte da ANPA do CEIP A Ponte será necesario: 

  • Cubrir este formulario online.
  • Enviar por mail o xustificante de pago da cuota a: contacto@aponteanpa.gal


A CUOTA DE SOCIO/A:

20 euros para aquelas familias cun único nena/o no CEIP A Ponte.
30 euros para as familias que teñen máis de unha nena/o no CEIP A Ponte.
O ingreso deberá de realizarse mediante transferencia bancaria ou presencialmente en calquera sucursal de CAIXA RURAL GALEGA, na conta a nome da ANPA:

IBAN: ES47 3070 0043 0163 1796 0224

**Importante: cambio de conta. Non é a conta bancaria de outros anos.
**No concepto debe figurar o NOME DE CADA NENA/O E CURSO. 
**Voltamos ás cuotas do 2019.
 
DATA LÍMITE PARA FACER A INSCRICIÓN: 12 OUTUBRO 2022
 


SEGURO ESCOLAR: Igual que en anos anteriores, existe a posibilidade de contratar un Seguro de accidentes cun custe de 6€ nena/o. Podedes consultar aquí as coberturas.

**Pódese sumar esta cantidade ao facer o pago da cuota de socia/o.

ACTIVIDADES: Nestes momentos estamos traballando na oferta de  ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES, das que nos próximos días teredes máis información. A previsión é que podamos comezar o día 3 de outubro.


BENEFICIOS DE SER SOCIA/O DA ANPA: 

O ano pasado as persoas socias beneficiáronse de:

– Dun servizo de Acollida temperá que permitiu a conciliación familiar.

– Dunha programación de actividades extraescolares

– Dun magosto de balde no cole.

– Da entrega dun libro a cada nena/o por parte do Apalpador.

– Dunha representación de Rosalía estivese no cole sementando pensamentos.

– Dunha comparsa que participou no entroido da Cidade e de Frei Canedo.

– Dun obradoiro nos Maios que tivo varios premios.

– De que se mudase o amarelo da fachada exterior por o MURAL DAS PIONEIRAS.

– O ANPA FEST, a festa final de curso con inchables e música en directo.

– Dunha comunicación directa de todo o traballo institucional que se fixo no Consello escolar e coa Dirección do colexio.

Por iso, para este novo curso que comeza queremos que os BENEFICIOS sigan medrando para as persoas socias da ANPA:

– Disporán dun servizo de comedor para esporádicos, que comenzará o luns 19 de setembro. Informaremos en próximas datas das condicións deste servizo.

– Participación nas actividades extraescoles, que comenzarán o luns 3 de outubro. En próximas datas comunicaremos a oferta para o curso 2022/23.

– Disfrutarán das actividades festivas e outras complementarias, que terán lugar durante o curso, cun coste CERO.

– Servizo de acollida temperá cun prezo reducido, e no caso de implantarse o servizo de esporádicos, soamente será para as persoas socias.

Comunicación directa de todo o traballo institucional, tanto no Consello escolar como coa Dirección e outras administracións, para mellorar a educación que reciben as/os  nosas/os fillas/os.