Inscrición socia/socio curso 23/24

Para formar parte da ANPA do CEIP A Ponte será necesario: 

  • Cubrir este formulario online.
  • Enviar por mail o xustificante de pago da cuota a: contacto@aponteanpa.gal


A CUOTA DE SOCIO/A:

20 euros para aquelas familias cun único nena/o no CEIP A Ponte.
30 euros para as familias que teñen máis de unha nena/o no CEIP A Ponte.
O ingreso deberá de realizarse mediante transferencia bancaria ou presencialmente en calquera sucursal de CAIXA RURAL GALEGA, na conta a nome da ANPA:

IBAN: ES47 3070 0043 0163 1796 0224

**No concepto debe figurar o NOME DE CADA NENA/O E CURSO. 
 
DATA LÍMITE PARA FACER A INSCRICIÓN: 12 OUTUBRO 2023
 


SEGURO ESCOLAR: Igual que en anos anteriores, existe a posibilidade de contratar un Seguro de accidentes cun custe de 6€ nena/o. Podedes consultar aquí as coberturas.

**Pódese sumar esta cantidade ao facer o pago da cuota de socia/o.

** A cobertura do seguro comeza o 1 de outubro de 2023.

ACTIVIDADES: Nestes momentos estamos traballando na oferta de  ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES, das que nos próximos días teredes máis información. A previsión é que podamos comezar o día 2 de outubro.


BENEFICIOS DE SER SOCIA/O DA ANPA: 

O curso pasado as persoas socias beneficiáronse de:

– Dun servizo de Acollida temperá que permitiu a conciliación familiar.

– Dunha programación de actividades extraescolares. 

– Dun magosto no cole.

– Da entrega dun libro a cada nena/o por parte do Apalpador.

– Dunha representación de Rosalía de Castro, que visitou o colexio.

– Actividades no colexio para coñecer diferentes Entroidos da provincia de Ourense.

– Dunha comparsa que participou no entroido de Frei Canedo.

– Participación activa nun Proxecto de Igualdade, desenvolvido durante varias semanas, no CEIP A Ponte.  

– Dun obradoiro nos Maios que tivo varios premios.

– Dunha actuación circense e musical, para festexar o Día das letras galegas. 

– O ANPA FEST, a festa final de curso con inchables, festa da escuma e moita diversión.

– Dunha comunicación directa de todo o traballo institucional que se fixo no Consello escolar e coa Dirección do colexio.

Por iso, para este novo curso que comeza queremos que os BENEFICIOS sigan medrando para as persoas socias da ANPA:

– Disporán dun servizo de comedor para esporádicos. Informaremos en próximas datas das condicións deste servizo.

– Participación nas actividades extraescoles, que comenzarán o luns 2 de outubro. En próximas datas comunicaremos a oferta para o curso 2023/24.

– Disfrutarán das actividades festivas e outras complementarias, que terán lugar durante o curso, cun coste CERO.

– Servizo de acollida temperá cun prezo reducido, e tamén o servizo de esporádicos.

Comunicación directa de todo o traballo institucional, tanto no Consello escolar como coa Dirección e outras administracións, para mellorar a educación que reciben as/os  nosas/os fillas/os.