En este momento estás viendo Inscrición socio/a curso 26/27

Inscrición socio/a curso 26/27

Para formar parte da ANPA do CEIP A Ponte será necesario: 

  • Cubrir este FORMULARIO online.
  • Enviar por mail o xustificante de pago da cuota a: contacto@aponteanpa.gal

A CUOTA DE SOCIO/A:

20 euros para aquelas familias cun único nena/o no CEIP A Ponte.
30 euros para as familias que teñen máis de unha nena/o no CEIP A Ponte.

A CUOTA DO SEGURO ESCOLAR (Opcional): 7 euros por cada neno/a. Se contratades este servizo, facede un ingreso por separado da cuota de socio/a. Concepto: SEGURO NOME NENO/A.


Os ingresos deberán de realizarse mediante transferencia bancaria ou presencialmente en calquera sucursal de CAIXA RURAL GALEGA, na conta a nome da ANPA (Asociación de nais e pais do CEIP A Ponte):

IBAN: ES47 3070 0043 0163 1796 0224

**No concepto debe figurar o NOME DE CADA NENA/O E CURSO. 

DATA LÍMITE PARA FACER A INSCRICIÓN: 11 OUTUBRO 2026


ACTIVIDADES: Nestes momentos estamos traballando na oferta de  ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES, das que nos próximos días teredes máis información. A previsión é que podamos comezar o día 1 de outubro.

BENEFICIOS DE SER SOCIA/O DA ANPA: 

O curso pasado as persoas socias beneficiáronse de:

– Dun servizo de Acollida temperá que permitiu a conciliación familiar.

– Dun servizo de comedor de esporádicos.

– Dun seguro escolar de accidentes durante o periodo lectivo.

– Dunha programación de actividades extraescolares. 

– Dun magosto no cole.

– Dunha Festa de Nadal no cole.

– Dun desfile de Entroido no colexio.

– Participación activa nun Proxecto de Igualdade, desenvolvido durante varias semanas, no CEIP A Ponte.  

– Dun obradoiro para coñecer a festa dos Maios e construir un Maio. 

– O ANPAFEST, a festa final de curso con inchables de auga, festa da escuma e moita diversión.

– Dunha comunicación directa de todo o traballo institucional que se fixo no Consello escolar e coa Dirección do colexio.

Por iso, para este novo curso que comeza queremos que os BENEFICIOS sigan medrando para as persoas socias da ANPA:

– Participación nas actividades extraescoles, que comenzarán o luns 1 de outubro. En próximas datas comunicaremos a oferta para o curso 2026/27.

– Disfrutarán das actividades festivas e outras complementarias, que terán lugar durante o curso, cun coste CERO.

– Servizo de acollida temperá cun prezo reducido, e tamén o servizo de esporádicos.

– Comunicación directa de todo o traballo institucional, tanto no Consello escolar como coa Dirección e outras administracións, para mellorar a educación que reciben as/os  nosas/os fillas/os.