Magosto 2024 no colexio

O venres 8 de novembro celebrouse no noso cole o tradicional magosto onde nos faltaron as castañas, os chourizos e a festa.

Desde a ANPA “en funcións” quixemos colaborar aportando a contratación dun grupo de música tradicional, o coste do 50% dos bolos preñados e das bicas, e tamén xestionamos a comida dos nen@s con intolerancias alimenticias.