Magosto no colexio

Hoxe xoves tocou festexar no colexio o tradicional magosto. Houbo festa enxebre para tod@s @s nen@s en horario lectivo.

🥁 A 𝐀𝐍𝐏𝐀 𝐂𝐞𝐢𝐩 𝐀 𝐏𝐨𝐧𝐭𝐞 colaborou co centro na organización do magosoto, subvencionando parte do menú magosteiro, axudando no reparto e aportando o grupo tradicional, para amenizar a festa.

🌰 Non faltaron castañas asadas pola máquina castañeira, os bolos preñados e a bica. E todo elo acompañado pola música tradicional galega, tan típica da festa popular do San Martiño.

¡¡E que VIVA O MAGOSTO!!