O venres 10 de novembro tocou festexar no colexio o tradicional magosto. Houbo festa enxebre para tod@s @s nen@s en horario lectivo.
Desde a ANPA do CEIP A Ponte colaboramos co centro na organización do magosto, subvencionando parte do menú magosteiro, axudando no reparto e aportando o grupo tradicional, para amenizar a festa.

Non faltaron as castañas asadas pola máquina castañeira, os bolos preñados e a bica. E todo elo acompañado pola música tradicional galega, tan típica da festa popular do San Martiño.
¡¡E que VIVA O MAGOSTO!!
