Nesta semana, moito que festexar

Comeza unha semana con moitas cousas que celebrar.

Hoxe, día 21 de febreiro conmemórase o Día Internacional da Lingua Materna, estableceuse pola UNESCO en 1999 cos obxectivos de promover o plurilingüismo e a diversidade cultural e para sensibilizar acerca da importancia dos idiomas e da función vital que desempeñan no desenvolvemento.

O vindeiro mércores, día 23, celebraremos o Día de Rosalía, o curso escolar 2021/2022 inclúe a celebración desta efeméride na súa programación. Unha data que ata o de agora, e ante o descoñecemento do día exacto do nacemento da poeta, celebrábase o 24 de febreiro. A partir deste 2020 o día elexido será o 23 de febreiro.

Pois, con motivo destas dúas celebracións, dende a ANPA decidimos celebralas coa presenza nas aulas da nosa escola dunha Rosalía que achegará a relevancia da nosa lingua materna e a importancia que a súa figura tivo para as nosa cultura.

O venres tamén vai ser outro dos días sinalados no noso ciclo festivo… chega o ENTROIDO!!! e no colexio haberá celebracións para todos/as os/as nenos/as. Esperamos que disfruten do día e logo tamén dos días propios do Entroido.