Dende o mes de xuño, o CEIP A PONTE leva sufrindo un cúmulo de recortes tanto de persoal docente (3 MESTRAS), como de persoal laboral ( 1 COIDADOR).
Estamos a reclamar á XUNTA os recursos humanos e materiais QUE NECESITAMOS E QUE NOS PROMETERON.
A día de hoxe, non podemos dar cobertura a TODAS as necesidades do centro, isto IMPLICA un aumento da tensión da comunidade escolar, que fai que MERME A CALIDADE DO ENSINO QUE RECIBE TODO O ALUMNADO.
Non estamos falando de algo puntual, estes RECORTES que se nos están aplicando, chegan dun día para outro, ata o punto de VULNERAR OS DEREITOS LABORAIS e fundamentais, de toda a comunidade educativa que implica que cunha falta de persoal, o alumnado deixe de ser atendido.
Non somos un colexio de segunda categoria, merecemos os medios necesarios para atender dignamente e como se merecen, ao alumnado da ensinanza pública, para poder acadar a MÁXIMA CALIDADE DO TRABALLO que nel se realiza.
Con este comunicado queremos que a sociedade saiba o que nos está a contecer. NON PEDIMOS NADA PARA NÓS, pedimos para as/os alumnas/os do CEIP A PONTE.
Asdo. CLAUSTRO DO CEIP A PONTE E REFRENDADO POLO CONSELLO ESCOLAR .