O apalpador visita o colexio

O mércores 21 de decembro, o apalpador visitou o colexio, para facer unhas contadas e tamén darlles un agasallo aos nenos/as. Percorreu as diferentes aulas, durante toda a mañán, para achegar esta figura do Nadal tradicional aos alumnos/as do centro.

Nos cursos de Infantil recibiron un puzzle dos Bolechas e en Primaria un conto en galego, adaptado á súa idade.
Un agasallo da ANPA do Ceip A Ponte para todos os nenos/as do colexio.

¡¡BO NADAL!!