Do 27 ao 30 de abril levarase a cabo no colexio un Obradoiro cos cursos de educación infantil, para a elaboración dun Maio tradicional. Unha actividade promovida e financiada pola ANPA e coa colaboración dos mestres e mestras do colexio. Grazas a este obradoiro os/as nenos/as coñecerán de primeira man esta festa tradicional da nosa cidade, que se celebra o domingo 3 de maio.
Esperamos que os/as nenos/as disfruten con este obradoiro, coñezan esta festa tan tradicional de Ourense e logo poidamos todos/as contemplar no colexio a súa creación artística.

Obradoiro sobre a festa dos Maios, tradición galega, para celebrar a chegada dá primavera. Ademais de usar musgo, fentos, frores e ramas naturais, faran decoracións elaboradas/as por eles.
OBXECTIVOS EDUCATIVOS da actividade: Coñecer a tradición do maio, desenvolver creatividade e motricidade fina, traballar música e expresión oral e fomentar o traballo en grupo.