
Dende a ANPA CEIP A PONTE queremos dar a coñecer a festividade dos MAIOS dentro da nosa comunidade organizando un obradoiro para a confección de coplas e do maio que se desenvolverá en 4 xornadas.
Unha actividade pensada para a convivencia de pequenos/as, pais, nais e avós/oas, aínda que a participación pode ser individual.
¿Cómo me apunto?
Pode apuntarse aquí ata o 20 de abril.
¿Ten Custe?
A actividade é de balde
¿Qué obxectivos ten a actividade?
– Achegar a festa tradicional dos maios aos neno/as a carón das súas familias.
– Coñecer a flora característica destas festas, realizando actividades divertidas e educativas.
– Fomentar a relación interxeracional, escoitando tanto as propostas das/os nenas/os como as dos maiores.
– Aprender a divertirse coa natureza.
¿Cando se desenvolve a actividdade??
Venres 22 de 17:00 a 18:30h no CEIP A Ponte
17:00 – 17:15 = Actividade: ¿Qué son os Maios?
17:15 – 17:30 = Xogo: Arañeira
17:30 – 18:30 = Actividade: ¿Qué son as Coplas?
Venres 29 de 17:00 a 18:30h no CEIP A Ponte
17:00 – 17:30 = Xogo: Bingo!
17:30 – 18:30 = Actividade: Creando un maio
Sábado 30 de 10:30 a 12:30h no CEIP A Ponte
10:30 – 10:45 = Xogo: Actívate!
10:45 – 11:15 = Actividade: Creando un maio
11:15 – 11:30 = Xogos distendidos
11:30 – 12:30 = Actividade: Creando un maio
Domingo 1 de 10:30 a 13:00 na Rúa do Paseo
10:30 – 13:00 = Cantar as coplas a carón do maio
Agardamos que esta actividade sexa do seu agrado. Animádevos a participar e que vivan os Maios!!