Obradoiro Os Maios 2023

Desde a ANPA CEIP A PONTE queremos un ano máis dar a coñecer a festividade dos MAIOS dentro da nosa comunidade educativa, organizando un obradoiro para a confección de coplas e do Maio que se desenvolverá en 4 xornadas.

Unha actividade pensada para a convivencia de pequenos/as, pais, nais e avós/oas, aínda que a participación pode ser individual.

¿Cómo me apunto?
Podedes apuntarvos aquí ata o 27 de abril, cubrindo un sinxelo formulario.

¿Ten Custe?
A actividade é de balde

¿Qué obxectivos ten a actividade?
– Achegar a festa tradicional dos maios aos neno/as a carón das súas familias.
– Coñecer a flora característica destas festas, realizando actividades divertidas e educativas.
– Fomentar a relación interxeracional, escoitando tanto as propostas das/os nenas/os como as dos maiores.
– Aprender a divertirse coa natureza.

¿Cando se desenvolve a actividdade??

Venres 28 abril, de 17:00 a 18:30h no CEIP A Ponte
  17:00 – 17:30 =  ¿Qué son os Maios?
  17:15 – 17:30 = ¿Qué son as Coplas?
  17:30 – 18:30 =  Confección da Copla

Venres 5 de maio, de 17:00 a 18:30h no CEIP A Ponte
  17:00 – 17:30 =  Pensemos o Maio
  17:30 – 18:30 =  Creando un Maio

Sábado 06 de maio, de 10:30 a 12:30h  no CEIP A Ponte
  10:30 – 11:15 = Desenvolvendo un Maio
  11:15 – 11:30 = Xogos distendidos
  11:30 – 12:30 = Rematando un Maio

Domingo 07 de maio, de 10:30 a 13:30h na Rúa do Paseo
  10:30 – 13:00 = Cantar as coplas a carón do Maio

Agardamos que esta actividade sexa do voso agrado. Animádevos a participar e que vivan os Maios!!