
Desde a ANPA CEIP A PONTE queremos un ano máis dar a coñecer a festividade dos MAIOS dentro da nosa comunidade educativa, organizando un obradoiro para a confección de coplas e do Maio que se desenvolverá en 4 xornadas.
Unha actividade pensada para a convivencia de pequenos/as, pais, nais e avós/oas, aínda que a participación pode ser individual.
Non é obrigatorio participar nas 4 xornadas para poder inscribirse.
¿Cómo me apunto?
Podedes apuntarvos aquí ata o 26 de abril (15:00h), cubrindo un sinxelo formulario.
¿Ten Custe?
A actividade é de balde
¿Qué obxectivos ten a actividade?
– Achegar a festa tradicional dos maios aos neno/as a carón das súas familias.
– Coñecer a flora característica destas festas, realizando actividades divertidas e educativas.
– Fomentar a relación interxeracional, escoitando tanto as propostas das/os nenas/os como as dos maiores.
– Aprender a divertirse coa natureza.
¿Cando se desenvolve a actividdade??
Venres 26 abril, de 17:00 a 19:00h no CEIP A Ponte
Explicación da Festa dos Maios
Confección das coplas
Venres 3 de maio, de 17:00 a 20:00h no CEIP A Ponte
Comezo da elaboración do Maio
Ensaio de canto das coplas
Sábado 04 de maio, de 10:30 a 13:30h no CEIP A Ponte
Remate do Maio
Canto das coplas
Domingo 05 de maio, de 10:30 a 13:30h na Rúa do Paseo
Exposición do Maio e canto das coplas
Agardamos que esta actividade sexa do voso agrado. Animádevos a participar e que vivan os Maios!!